Recentemente comezamos a colaborar con empresas da Unión Europea para a venda dos seus productos en España e Portugal
O noso ámbito de traballo continua sendo Galiza nos sectores da ferraxería, construción e industria, aínda que nestos úlimos anos estivemos abrindo novas áreas de traballo coma a protección laboral, o tratamento de augas, a sinalización vial e a canle HORECA, tamén a hixiene industrial así como o equipamento para discapacitados.
Ademais nos últimos anos incorporamos novos fabricantes da Unión Europea cos que estratéxicamente queremos aportar ao mercado produtos cun valor engadido onde o argumento da calidade sexa o eixo central das nosas relacións comerciais.